Publicacións


Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo

Autoría

Tato Fontaíña, Laura

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-7824-635-9

Editorial

Sotelo Blanco

Data de publicación

2013

Número de páxinas

170

Descrición


Este volume estuda e analiza dúas facetas do grande polígrafo Ramón Otero Pedrayo: a dramática e a cinematografía. O seu convencemento de que sen unha gran cidade  o teatro galego non podería ser convenientemente actualizado levouno a non lle dedicar demasiados esforzos antes de 1936, mais nos anos de reclusión en Ourense, durante a ditadura do xeneral Franco, ademais de chegar á conclusión de que se equivocara, descubriu a potencia do cinema como instrumento ideolóxico.

O presente traballo contextualiza a súa obra dramática dentro do programa de renovación do sistema literario planificado pola xeración das Irmandades e o grupo Nós e, a partir da nova documentación achegada, analiza a relación de Ramón Otero Pedrayo, na década dos anos 50, co cine en xeral e coa produtora Suevia Films en particular. Por último, coméntanse os seus textos dramáticos e guións.