Publicacións

Autoría
Tato Fontaíña, LauraLiñas de investigación
TeatroISBN
978-84-940598-3-4Editorial
eCentral Folque. Centro Galego de Música PopularData de publicación
2014Número de páxinas
109Descrición
Valentín Paz-Andrade (Vigo, 1972) escribiu sobre José Rodríguez de Vicente, Joselín, que “despois de pasados varios lustros da morte na emigración, a memoria de Joselín en Galiza mantense avivecida. O lembrar das súas recitacións non esmoreceu. Sobre as cinzas do home, da captivante simpatía e lucidora intelixencia, amador e defensor da súa Terra como quen máis, mantense ergueita a súa obra. Non somentes polos valores psicolóxicos que contén, pola gracia e a sorna, polo conto e o xeito de contar… Tambén pola lingua que axudou a soerguer i espallar, a ennobrecer e difundir en auditorios masivos, non sempre por distinto meio abordables”.
Este libro-disco fai un percurso biográfico pola vida de Joselín e recompila a súa obra. Reprodúcense vinte e sete contos (23 deles gravados, localizados polo investigador Ramón Pinheiro) e dúas comedias, acompañadas do estudo teatral realizado pola profesora Laura Tato Fontaíña.