Publicacións
Cantares Gallegos, hoxe: unha lectura actualizada de Rosalía de Castro

Autoría
García Negro, PilarLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaISBN
978-84-89323-88-9Editorial
AlvarellosData de publicación
2013Número de páxinas
132Descrición
Ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea.
“O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares… desmusealizándoos”, afirma. “O feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.