Publicacións
Por terras de Lugo. Oito aproximacións á provincia

Edición
Mosquera Castro, Estefanía / Sánchez Rei, Xosé ManuelLiñas de investigación
Estudos literario-culturaisEditorial
Deputación de Lugo / Asociación Cultural Alexandre BóvedaData de publicación
2014Número de páxinas
131Descrición
Esta obra reúne un total de oito textos inéditos de autoras e autores lucenses. Nestes contributos desenvólvense diferentes temáticas coa actual provincia lucense como referencia: unha aproximación á lingua da rexión da Terra Chá, un roteiro polo Val de Lemos, as lembranzas dos veráns nunha aldea de Guitiriz, a relevancia das mulleres emprendedoras nunha época economicamente en crise, un percurso saudoso polo Val de Quiroga etc. Todos eles contribúen a un mellor coñecemento da sociedade galega en xeral e da lucense en particular.