Publicacións
.jpg;jsessionid=A08A262646602A6368C68667D1B01C2A)
Edición
Salinas Portugal, FranciscoLiñas de investigación
TeatroLiteraturas en lingua portuguesa
ISBN
978-84-9749-364-2Editorial
Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado MayorData de publicación
2009Número de páxinas
145Descrición
A obra de Pepetela reconstrúe (refai ou rele) un episodio pouco coñecido e até escuro da historia de Angola: a revolta contra o poder no territorio do Congo en 1514, “A Revolta da Casa dos Ídolos”. O autor reconstrúe ese pasado histórico para presentar unha metáfora do mundo actual.
Así, o ambiente histórico sitúanos no chamado período afroportugués da historia de Angola que iría desde a chegada de Diogo Cão e os portugueses ao Congo, até a norte de Nempazu a Nimi (D. Álvaro II) en 1614.
As estratexias utilizadas encamiñan a lectura do texto para o relato histórico e, polo tanto, verdadeiro, aínda que, obviamente, se recoñeza a elaboración ficcional ou o pacto de ficcionalidade a partr do cal o texto ten que ser, tamén, lido. A obra é, pois, a historia da imposición da cultura e relixión europeas: un proceso de aculturación que se produce desde o momento da chegada dos portugueses e a resitencia a esa perda de identidade que tamén é característica dos proceos coloniais.