Publicacións

Edición
Ferreiro, ManuelLiñas de investigación
Ecdótica e crítica textual galega e portuguesaISBN
84-7824-144-2Editorial
Sotelo BlancoData de publicación
2001Número de páxinas
335Descrición
Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. Neste volume, considérase poema impreso toda composición publicada por Eduardo Pondal en formatos e medios diversos: desde O dolmen de Dombate e a versión ampliada de A campana d’Anllóns, ambas as dúas publicadas como folletos impresos, ata follas impresas soltas, poemas en diversos xornais e revistas –maioritariamente publicacións periódicas do ámbito galego, tanto do interior como da emigración– , así como outros textos que o poeta foi enviando a libros de homenaxe, coroas fúnebres, etc.
Deste xeito, o corpus da lírica impresa reúne, por orde cronolóxica, tres composicións publicadas antes de 1886, non recollidas en Queixumes, xunto con outros 62 poemas editados posteriormente.