Publicacións
Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa (vol. II)

Edición
Freixeiro Mato, Xosé RamónLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaISBN
84-8192-020-7Editorial
Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de LugoData de publicación
1994Número de páxinas
625Descrición
O catedrático Xosé Ramón Freixeiro Mato realiza un estudo detallado da vida, personalidade e produción literaria do escritor Antonio Noriega Varela, así como unha edición rigorosa da súa obra. Este traballo, distribuído en dous volumes, con xerme na tese de doutoramento presentada na Universidade da Coruña o 31 de xullo de 1992, supuxo a procura en arquivos, bibliotecas e hemerotecas, públicas ou privadas, do país e de Portugal, de documentación biográfica, bibliografía e textos do escritor espallados por diversas publicacións, tanto locais como xerais, ben do interior ou da emigración.