Publicacións

Edición
Sánchez Rei, Xosé Manuel / Marques, Maria AldinaLiñas de investigación
Lingua portuguesaLingüística histórica e historia da lingua
Lingua literaria
Lingua e novas tecnoloxías
ISBN
978-84-9749-620-9Editorial
Área de Filoloxías Galega e Portuguesa & Departamento de Galego-Portugués, Francés e LingüísticaData de publicación
2015Número de páxinas
231Descrición
Este volume recolle varios contributos feitos por profesorado que desenvolve o seu labor académico-investigador na Universidade da Coruña e na Universidade do Minho.
O conxunto de artigos dados aqui a lume é moi variado en canto aos temas explorados e mostra a polifonía de liñas de investigación que se desenvolven presentemente no Departamento de Estudos Portugueses e Lusófonos da UMINHO e na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC. Así, por exemplo, contributos centrados na estilística, no grao de coñecemento do sistema pronominal portugués en falantes de L2 ou de lingua de herdanza, nos trazos sintácticos do discurso electrónico, na situación do galego e do maorí relativa á súa proxección na Internet, na análise do discurso indirecto, etc. dan corpo a unha obra que se torna un bo exemplo dalgunhas das actuais orientacións de pesquisa que existen nos dous referidos organismos.