Publicacións

Edición
Ogando, Iolanda / Tato Fontaíña, LauraLiñas de investigación
TeatroISBN
978-84-9749-533-2Editorial
Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado MayorData de publicación
2012Número de páxinas
291Descrición
Neste volume recupéranse unha serie de textos do período comprendido entre 1903 e 1923 que poden axudar a clarificar ou documentar algunhas zonas escuras da historia do teatro galego. Son un total de dezanove, de diversos autores e de diferente índole: dezaoito pezas dramáticas e unha carta incompleta de Alfonso D. R. Castelao, en que o autor rianxeiro expón o programa dunha función de Teatro de Arte.
Canto aos textos dramáticos, ou ben son manuscritos que permanecían inéditos ou ben viran a luz en publicacións periódicas de difícil acceso na actualidade. De Galo Salinas recupéranse catro pezas que permiten matizar a evolución deste pioneiro do teatro galego: Sabela, Entre dous mundos, Os meus amores e Copas e bastos.
Completan o elenco de autores Alfredo Nan de Allariz, Emiliano Balás Silva, José M. López Castiñeiras, Salvador Cabeza de León, Manuel Posse Rodríguez, Euxenio Charlón e Manuel Sánchez Hermida, José Ares Miramonte, Manuel Vidal, Manuel Rei Posse e o anónimo Nin Guén.
Referencias
Dialnet
Recensión de Salvador Castro Otero, publicada na Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca, nº18/2013 (pp. 330-333)
Recensión de Alicia Romero López, publicada na revista Madrygal, nº 16/2013 (pp. 236-238)
Recensión de Ana Belén García Benito, publicada en Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, nº2/2013 (pp. 155-157)