Publicacións
Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Edición
Forcadela, Manuel / López, Teresa / Vilavedra, DoloresLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaEstudos literario-culturais
DOI
10.17075/mucnoc.2014Editorial
Consello da Cultura GalegaData de publicación
2014Número de páxinas
1102Descrición
Esta publicación dixital recolle as 7 conferencias, 25 comunicacións e as intervencións nas 4 mesas redondas presentadas no congreso, dedicado ao escritor Álvaro Cunqueiro, “Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario” (28 de setembro-1 de outubro de 2011). Os materiais foron organizados en función de criterios temáticos e integráronse, tamén, en apéndice, as achegas fornecidas polos intervenientes nos faladoiros que o Consello da Cultura Galega organizou en diferentes vilas e cidades (Madrid, Ferrol, Pontevedra, Barcelona…).
Esta edición pretende anovar de xeito radical os estudos cunqueirianos e garantir, cando menos, mil e un anos máis de lecturas críticas e gozosas das obras do noso mindoniense máis singular.