Publicacións


Eduardo Pondal, o cantor do eido noso

Autoría

Ferreiro, Manuel

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais
Literatura contemporánea galega

ISBN

978-84-8487-360-0

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

2017

Número de páxinas

256

Descrición


O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos vinte e cinco anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente), centrados na biografía, o Himno, Os Eoas e mais a lingua literaria pondaliana. Estas páxinas de investigación, estudo e reflexión son acompañadas por apéndices que recollen unha ampla selección de cartas escritas ou recibidas polo Bardo bergantiñán e mais a entrevista-reportaxe xornalística de 1912 realizada ao poeta por La Voz de Galicia.