Publicacións


Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas

Autoría

Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-16456-62-8

ISBN dixital

978-84-16456-62-8

Editorial

Edicións Embora

Data de publicación

2017

Número de páxinas

281

Descrición


Fernando Osorio do Campo continuaba a ser un misterio para a nosa historiografía dramática. Fóra da súa participación no movimento teatral das Irmandades da Fala durante o ano 1919 -en que estivo á frente do Conservatorio Nacional de Arte Galega-, tan só chegaran a nós algúns detalles biográficos sorprendentes através da crónica vital publicada por Grial en 1971.

O presente texto -gañador do XXI Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüística ou Ensaio- achega unha ollada demorada polo fascinante percurso vital de Fernando Osorio, pola súa obra dramática completa e pola participación cultural e política do actor.