Publicacións


A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera

Edición

Ferreiro, Manuel / Sanmartín Rei, Goretti

Liñas de investigación

Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa

ISBN

84-9749-035-5

Editorial

Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’

Data de publicación

2002

Número de páxinas

195

Descrición


Este volume recolle a versión operística de A Virxe de Cristal, de Ramón Cabanillas, adaptación e recreación dun texto clásico do Rexurdimento. Esta peza, datada en 1924, aparece como a primeira ópera literaria galega, anterior, por tanto, a O Mariscal, constituíndose así nun fito importante no desenvolvemento teatral e musical do período das Irmandades, momento fundamental no proceso de recuperación nacional do noso país.

O presente volumen recolle o texto do libreto, precedido dun amplo estudo sobre a época, a obra e a lingua de Ramón Cabanillas, ao tempo que presenta como Apéndice unha outra teatralización da Lenda de Curros realizada posteriormente por Roxelio Rodríguez Díaz e publicada integramente en Buenos Aires (1948).