Publicacións

Edición
Fernández Pérez-Sanjulián, CarmeLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaLiteratura e xénero
ISBN
978-84-9749-873-9Editorial
Servizo de Publicacións da UDCData de publicación
2023Número de páxinas
228Descrición
Este libro reúne unha antoloxía de estudos publicados pola profª García Negro ao longo dun amplo período temporal, entre 1980 e 2022, desde os inicios do seu labor investigador e publicístico até a actualidade, xa consolidada como autora de estudos de referencia no rosalianismo. O volume conta con unha introdución da editora e un epílogo da profª Kathleen March.
Intenso e solidario feminismo recolle quince traballos (dez artigos e cinco capítulos de libro) de entre o amplo conxunto da produción que Pilar García Negro dedicou a Rosalía de Castro, ademais da súa bibliografía rosaliana. Os quince textos foron seleccionados por seren representativos dos núcleos de interese da súa autora mais tamén, na súa maior parte, de difícil acceso para o público xeral a día de hoxe: nuns casos por seren artigos antigos, publicados no seu día en soportes que informais ou en libros xa descatalogados; noutros, por estaren incluídos en publicacións de tipo académico, non sempre de acceso aberto e, por tanto, dificilmente accesíbeis para o público xeral.