Publicacións

Autoría
Freixeiro Mato, Xosé RamónLiñas de investigación
Lingua literariaISBN
978-84-96494-92-3Editorial
Fundación Caixa GaliciaData de publicación
2007Número de páxinas
336Descrición
Este libro preséntanos o escritor Manuel María como un activista a prol do uso social e público do idioma do seu país e como adaíl da súa defensa e dignificación como principal símbolo de identidade colectiva do pobo de seu. Primeiramente, o galego foi a súa lingua familiar, logo converteuse tamén na lingua literaria e na que desenvolveu o seu activismo social e político. O obxectivo central deste libro é o estudo das características lingüísticas da obra do autor desde a óptica do estilo, sen esquecer o marco histórico en que leva a cabo a súa tarefa como escritor, os seus pronunciamentos a respecto da lingua na procura daquelas ideas que configuran o seu pensamento sobre a materia e as características que definen o seu modelo xeral de lingua literaria.
Recibiu o XX Premio Literario «Ánxel Fole» (09/05/2006).