Publicacións
As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos

Edición
Ferreiro, ManuelLiñas de investigación
Ecdótica e crítica textual galega e portuguesaISBN
84-87847-14-5Editorial
Edicións LaioventoData de publicación
1992Número de páxinas
136Descrición
Este edición crítica do profesor Manuel Ferreiro é o resultado do traballo de repectuosa restauración e rigorosa aproximación ás cantigas do trobador galego-portugués Rodrigu’Eanes de Vasconcelos.
Rodrigu’Eanes de Vasconcelos, perdido até agora na inmensidade das edicións globais da lírica galego-portuguesa, recóllese nesta edición como un poeta clásico do período afonsino, culto e coñecedor dunha tradición que nos seduce, axeitándose na súa expresión lingüístico-literaria aos padróns establecidos pola escola, con disciplina mais sen renunciar nunca á variación orixinal ou ao matiz brillante.