Publicacións

Autoría
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme / Places, A. S.Liñas de investigación
Literatura e novas tecnoloxías. Bibliotecas dixitaisISBN
978-84-8487-036-4Editorial
LaioventoData de publicación
2004Número de páxinas
70Descrición
A Internet está a producir fondas mudanzas nos hábitos sociais, nomeadamente en todo o que atinxe aos modos de acceder á información. As Bibliotecas Dixitais son un bo exemplo do aproveitamento da potencialidade da Internet para a difusión dos contidos culturais.
Este libro pretende fornecer ao público lector unha visión de conxunto dos aspectos tecnolóxicos e sociolóxicos que teñen a ver coas Bibliotecas Dixitais. Así, tras unha primeira parte en que se explican brevemente as diferentes realidades que hose se recollen baixo esta denominación, as autoras centran a súa atención en cuestións de carácter máis técnico (formatos, tecnoloxía de deseño, posíbeis servizos, etc) para, finalmente, sempre desde a perspectiva multidisciplinar que orienta o libro, analizaren as características e posibilidades de tres Bibliotecas Dixitais concretas.