Publicacións


A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

Autoría

Sánchez Rei, Xosé Manuel

Liñas de investigación

Lingua literaria

ISBN

84-8487-092-8

Editorial

Laiovento

Data de publicación

2006

Número de páxinas

454

Descrición


A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, publicouse o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, constitúen un magnífico expoñente de como era a oralidade galega decimonónica.

O estudo lingüístico do cancioneiro, elaborado por Xosé Manuel Sánchez Rei, achéganos ás características do galego oral popular da época, e en especial da actual provincia coruñesa. Mais, igualmente, coadxuvará na recuperación de casuísticas e xiros gramaticais usuais na altura, e que hoxe se achan nunha situación crítica de esmorecemento.