Publicacións

Autoría
López, TeresaLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaISBN
84-89138-72-9Editorial
A Nosa TerraData de publicación
1997Número de páxinas
220Descrición
Neste libro estúdase o neotrobadorismo como actualización, no plano da creación literaria, da lírica trobadoresca galego-portuguesa. O estudo céntrase no período de emerxenciado neotrobadorismo para situalo en relación con outras propostas de renovación poética que xorden nesa mesma altura, os anos vinte e trinta deste século, e no contexto dos valores que guiaban a apreciación da redescuberta lírica medieval galego-portuguesa. A diferenciación entre os poemas que simplemente retoman algúns elementos característicos da poética trobadoresca medieval (os de Carles Riba e Johán V. Viqueira) e aqueles que están na orixe do neotrobadorismo como movemento poético (nomeadamente os de Fermín Bouza Brey) xunto coa análise da obra dun autor que, pertencendo a outro ámbito literario, puido influír no surximento desta corrente na poesía galega (Afonso Lopes Vieira) contribúe a proporcionar unha nova óptica do surximento do neotrobadorismo. Por último, a revisión da obra dos principais poetas que cultivan a poesía neotrobadoresca nesta súa fase inicial (en especial, Álvaro Cunqueiro), completa o estudo deste movemento que supón a definitiva recuperación para Galicia do seu pasado poético medieval.