Publicacións
Sementeira de ronseis. Cinco poetas da vangarda

Autoría
López, TeresaLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaISBN
84-89814-94-5Editorial
Editorial Espiral MaiorData de publicación
2000Número de páxinas
96Descrición
Sementeira de ronseis reúne unha selección dos poemas publicados nas décadas de vinte e trinta do presente século por Xesús Bal y Gay, Johán Carballeira, Denys Fernandes (Cándido Fernández Mazas), Emilio Mosteiro e Xosé Otero Espasandín. A maior parte destes poemas, dispersos nas páxinas de xornais e revistas, non se volverán editar e, por tanto, son descoñecidos para o leitor actual.
Os cinco autores seleccionados pertencen á chamada xeración do 25, denominación utilizada por Xesús Val y Gay e consolidada na historiografía literaria a partir dos estudos de X. L. Méndez Ferrín. O cultivo das artes e a asunción e incorporación das linguaxes da vangarda á produción artística son notas distintivas desta xeración.