Publicacións

Edición
López, TeresaLiñas de investigación
TeatroISBN
84-9749-193-9Editorial
Universidade da CoruñaData de publicación
2006Número de páxinas
193Descrición
A costureira d’aldea (1884), peza teatral de Manuel Lugrís Freire, consta dun único acto dividido en trece escenas. A acción parte da intención de Prácido, un madrileño que traballa no Concello, de requirir amorosamente a Xaquina, a costureira da aldea, que namora con Mingos. Xaquina búrlase de Prácido e, ao tempo, porá a proba o amor de Mingos servíndonos daquel para lle provocar ciúmes. A obra finaliza coa concertación do casamento de Xaquina con Mingos.
Por tras desta acción tan convencional –a burla dun frustrado sedutor, os xogos de amor–, encóntrase unha defensa da identidade galega, fundamentada nos valores e costumes da sociedade tradicional, que ten como núcleo a exaltación da lingua galega. A afirmación destes contidos ideolóxicos ten un sentido e unha función moi precisas no contexto en que se xestou a peza: unha Habana na que eran frecuentes as representacións teatrais que ridiculizaban o galego e os galegos.