Publicacións


O frade das dúas almas. Novela de costumes populares

Edición

López, Teresa / López Viñas, Xoán

Liñas de investigación

Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa

ISBN

978-84-9865-210-9

Editorial

Galaxia

Data de publicación

2009

Número de páxinas

226

Descrición


A novela O frade das dúas almas, de Xosé Tobío Mayo (Esteiro, Muros, 1891-1971), está preparada en 1936 para a publicación na editorial Nós co título de Padre Hilarión, cando estoura a guerra e queda inédita. Xosé Tobío ten que exiliarse.

Estrutúrase en once capítulos de extensión desigual, con maior coherencia narrativa nos sete primeiros. A definición como “novela de costumes populares”, subtítulo d’ O frade das dúas almas, acae especialmente aos capítulos iniciais que, para alén de narraren episodios centrais da infancia do protagonista, Leliño, fan a crónica do acontecer cotián do mundo labrego e mariñeiro en que creceu o autor.

Os “costumes populares” son os modos de vida da sociedade tradicional, dos labregos e dos mariñeiros, da aldea de Leliño e da vila próxima. De feito, a demorada descrición dos costumes e tradicións populares aprópiase destes capítulos até o punto de deixar por veces en suspenso a narración: o intercambio de coplas no muíño, as festas de San Xoán, a compilación de cantigas, as romarías populares ou a regueifa con motivo do casamento de Mingos e Delores.