Publicacións
Pedro Madruga de Xoán Cuveiro Piñol

Edición
López, Teresa / Dobarro, X. M.Liñas de investigación
Literatura contemporánea galegaEditorial
Cadernos da Escola Dramática Galega, 70Data de publicación
1988Número de páxinas
23Descrición
O drama Pedro Madruga, de Xoán Cuveiro Piñol, presenta o problema da data (1878, 1887 ou 1897) e, por outra parte, cómpre facer unhas consideracións sobre o subtítulo da obra: “drama hestóreco”. Os feitos que se dramatizan alteran algún aspectos do que parece foi a historia real, tanto na participación dalgunhas personaxes, como na mestura de acontecementos cronoloxicamente distantes.
A presente edición respecta o texto orixinal. As modificacións realizadas son exclusivamente gráficas e non afectan nin á fonética nin á morfosintaxe.