Publicacións

Edición
López Viñas, XoánLiñas de investigación
Ecdótica e crítica textual galega e portuguesaISBN
84-9749-210-2Editorial
Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor'Data de publicación
2006Número de páxinas
107Descrición
Na historia da literatura galega, e en concreto da dramática, a sorte foi un factor decisivo para moitos dos escritos; algúns xa non se conservan, mais talvez outros aínda estean por descubrir. No que se refire principalmente aos textos presentados a certames e concursos, que non incluían unha publicación, estes estaban condenados á súa desaparición, polo que este documento manuscrito que se presenta constitúe un fito na nosa historiografía teatral.
Este ensaio ficou relegado ao ámbito máis privado, polo que non se soubo da súa existencia até hai ben pouco; na actualidade existe unha copia na biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor. Con esta edición ofrécese un dos primeiros textos teóricos conservados sobre os inicios do teatro galego contemporáneo, cuxa importancia radica non só na multitude de datos que se fornecen sobre as obras existentes, as representacións, o periplo vital do teatro galego… senón, sobre todo, porque os feitos son contados por un dos actantes desa historia.