Publicacións

Autoría
Tato Fontaíña, LauraLiñas de investigación
TeatroISBN
84-89976-98-8Editorial
Edicións A Nosa TerraData de publicación
1999Número de páxinas
167Descrición
Dentro da historia da literatura, o xénero dramático conta en todas as culturas normalizadas con volumes independentes por mor das características especiais que o conforman e condicionan o seu desenvolvemento. Conscientes desa necesidade, este volume abrangue a historia do teatro galego desde as orixes até 1936.
A historia do noso teatro neste período é semellante ao curso dun río: nas orixes descorre como augas subterráneas que abrollan devagariño e van escoando nunha corrente maina plena de meandros; mais o natural fluír desas reviravoltas, froito da maior ou menor resistencia do leito social polo que avanzaba, foi violentamente interrompido polo encoro franquista, e terían que transcorrer tres décadas para que a forza da auga acugulada estalase en fervenza e, libre xa, proseguise a súa andaina.