Publicacións

Autoría
Tato Fontaíña, LauraLiñas de investigación
TeatroISBN
84-87847-96-XEditorial
Edicións LaioventoData de publicación
1997Número de páxinas
291Descrición
A historia do teatro galego é aínda unha das materias pendentes da nosa crítica literaria. Cada estudoso achegou a súa propia periodización, coa aspiración de cubrir os desaxustes e incoherencias que atopaba na breve historiografía dramática, nun intento de racionalizar unha serie de datos e datas que semellaban dislocados.
Este libro non é un intento máis. Sen prescindir da tradición historiográfica, Laura Tato Fontaíña volveu neste traballo ás fontes orixinais, ás publicacións periódicas e aos arquivos públicos e privados, para comprobar que todos eses datos eran certos, e así puido documentar que moitas das “verdades” admitidas como incuestionábeis pola crítica estaban erradas.
A investigación exhaustiva do período comprendido entre 1915 e 1931 permitiu, por xemplo, constatar que a Escola Dramática Gaelga, crucial na evolución e desenvolvemento do teatro galego, desaparecera tres anos antes do que se viña afirmando. Como se dun quebracabezas se tratase, a autora vai achegando datos, sumando probas e analizando as teorizacións e polémicas da época, para recompor a accidentada historia do noso teatro e rematar ofrecendo así unha nova periodización.