Doutorandos/as


Víctor Hugo da Silva Vasconcellos

Victor Hugo da Silva Vasconcellos conta cun mestrado en Lingua Portuguesa pola Pontificia Universidad Católica de São Paulo, universidade en que tamén é licenciado en Letras. Ten experiencia no ensino básico, superior, corporativo e en consultoría educacional. Actúa na área de Letras, con énfase na Análise do Discurso Materialista e Gramática Contrastiva.
En febreiro de 2025 defendeu a súa tese Nazón de Breogán: posicionamentos ideológicos sobre a língua galega, na Galiza, converténdose en doutor en Letras pola Universidade Presbiteriana Mackenzie (São Paulo-Brasil). 


Actualmente é doutorando en Estudos Lingüísticos pola Universidade da Coruña, na liña da Filoloxía galego-portuguesa, en que investiga a gramática contrastiva entre o portugués do Brasil e o galego, por medio da gramática funcionalista.