Persoal investigador integrado


Alexandre Peres Vigo

Contratado Interino de Substitución
881011735

Alexandre Peres Vigo é licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña. Nesta mesma universidade realizou o Mestrado Universitario en Profesorado ao longo do curso 2011-2012, cun TFM sobre O idioma galego na Idade Media.

Para alén de ter participado en publicacións de diversos ámbitos da cultura galega, na actualidade, a súa área de investigación céntrase no estudo da galaicofobia e o estereotipo antigalego, nomeadamente no que atinxe á expresión literaria e paremiolóxica deste fenómeno. Nesta liña de estudo desenvolveu a súa tese de doutoramento, dirixida polo prof. Manuel Ferreiro, Xénese e consolidación do estereotipo antigalego na literatura española da Idade Moderna, no Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos da UDC.

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses