Profesorado honorario


Francisco Salinas Portugal

Titular de Universidade

Francisco Salinas Portugal (Güín-Bande, 1955) é Licenciado en Filoloxía Románica e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor por esta Universidade (1991) cunha tese sobre A escrita da angolanidade na narrativa de  Pepetela, fixo tamén estudos na Universidade de Lisboa (1980-81). Foi asistente de español en Paris (1979-80) e profesor de ensino secundario de Lingua e Literatura Galegas e profesor de Lingua Portuguesa (EOI). Na actualidade é Profesor Titular de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña.

Participou en proxectos de investigación sobre literatura dramática e sobre literatura e cultura galegas. Colabora en revistas da súa especialidade na Galiza, Portugal, Brasil, EUA, Italia... e interveu en diferentes eventos, congresos e conferencias sobre literatura galega e sobre literaturas africanas de lingua portuguesa principalmente.

Entre as súas publicacións destacan traballos como "A formação do herói vs a formação da nação: Aproximação ao Bildungsroiman nas literaturas emergentes" (en Estudos de homenagem a Vitor M. Aguiar e Silva, 2004), "From the oral transmission to the written text. The construction of the emerging literary systems" (en Producing Presences. Branching out from Gumbrect's work, 2007), ou "O Escravo: literatura de fundação" (en Portuguesa Literary & Cultural Studies, 2003). Entre as monografías publicadas, destaca Rosto Negro (1994), O Texto nas Margens. Ensaios de literaturas em língua portuguesa (1997), Entre  Próspero e Caliban (1999), ou A Máscara do Sagrado. Uma leitura mitocrítica de 'Mayombe' (2001).

 

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos