Doutorandos/as


Iván Méndez López

Iván Méndez López é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña (2002), co cal obtivo o Premio Extraordinario Fin de Carreira da UDC e da Xunta de Galicia. En 2004, tirou na Universidade da Coruña o Diploma de Estudos Avanzados do Galego e do Portugués. Profesor de ensino secundario, dedicouse profesionalmente ao ámbito da comunicación, foi técnico de normalización en diferentes concellos do país e técnico de toponimia na Real Academia Galega.
Como investigador, en 2019 publicou o estudo "Pola rúa da Amargura: o declive da toponimia tradicional no nomenclátor urbano da Coruña" en Estudos de Onomástica Galega IV Os nomes das rúas (Real Academia Galega); tamén en 2019, participou nas Xornadas de Patrimonio e Memoria organizadas pola AS-PG e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda coa comunicación "Recuperarmos a memoria da Coruña a través da toponimia". Na actualidade está a traballar na súa tese Elementos para o estudo da toponimia histórica do Concello da Coruña.