Persoal investigador colaborador

Xurxo Martínez González é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo (2002-2007), diplomado en Estudos Avanzados (2008-2010) e doutor (2010-2015) pola Universidade de Vigo coa tese titulada La Oliva (1856-1857). Un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento, dirixida por Gonzalo Navaza Blanco e Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento (2015).
As liñas de investigación arredor de La Oliva partiron da aceptación dun marco interdisciplinar que permitise obter unha panorámica máis completa dun tempo histórico concreto e crucial para o devir de Galiza na modernidade (o Rexurdimento pleno). Unha vez acabada a tese, centra a investigación na relación entre o campo político e o campo cultural galegos durante a época do Rexurdimento pleno. En concreto, estuda a conformación da esfera pública e da aparición da opinión pública provincialista a partir do rol desempeñado pola prensa. Asemade, en relación con isto, atende os primeiros síntomas que permiten falar dun campo literario galego en construción ou dun protosistema literario galego.
Formou parte e colaborou en tres grupos de investigación: Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía (GAELT), da Universidade de Vigo; A evolución sociolingüística de Galicia (1950-2010), da Universidade de Santiago de Compostela; e Grupo de Investigación Rosalía de Castro. Ademais traballou no campo da investigación no Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e tamén na produción editorial en Edicións Xerais e Editorial Galaxia.
-
Publicacións
Libros
Rodríguez González, Olivia / Martínez González, Xurxo (eds.), Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2013, 33 pp. [ISBN 978-84-89323-55-1]. |
Requeixo Cuba, Armando / Martínez González, Xurxo (eds.), Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, Vigo, Editorial Galaxia, 2012, 132 pp. [ISBN 978-8498654622]. |
Martínez González, Xurxo, Luís Soto. A xeira pola unidade galega, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2011, 238 pp. [ISBN 978-84-9914-314-9]. |
Capítulos de libros
Martínez González, Xurxo, "Juan Compañel Rivas. Un editor con conciencia de Galiza", en Rosario Álvarez Blanco, Anxo Angueira, María do Cebreiro Rábade Villar e Dolores Vilavedra (coords.): Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2014, pp. 435-448 [DOI doi:10.17075/rcsxxi.2014.023].
![]() ![]() |
Martínez González, Xurxo, "Roberto González Pastoriza. Un galeguista republicano con todo dereito", Roberto González Pastoriza. Un xurista de lei, Pío García Edicións, 2013, pp. 19-64. |
Martínez González, Xurxo, "A eternidade dos feitos", en María Dolores Cabrera Iglesias e María Dolores Villanueva Gesteira (eds.): Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia, Vigo, Editorial Galaxia, 2013, pp. 53-56 [ISBN 978-84-9865-472-1]. |
Martínez González, Xurxo, "O Rexurdimento dende Vigo", Cadernos Ramón Piñeiro XXVI. Rosalía na cobiza do lonxe, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2013, pp. 87-102 [ISBN 978-84-453-5101-7]. |
Martínez González, Xurxo, "As raiolas non deixan de brillar", Antía Cal. Sementar no futuro, Vigo, Editorial Galaxia, 2012, pp. 91-91 [ISBN 978-84-615-9046-9]. |
Martínez González, Xurxo, "Carta dun liberal galego no voceiro do progresismo español", en Ramón Mariño Paz (ed.): Papés d´emprenta condenada (II), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2012, pp. 557-570 [ISBN 978-84-92923-29-8].
![]() ![]() |
Artigos en revistas
Martínez González, Xurxo, "A ponte entre dúas xeracións", Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 18, Universidad Complutense de Madrid, 2015, pp. 469-479 [ISSN 1138-9664] [DOI http://dx.doi.org/10.5209/rev_MADR.2015.v18.48570].
![]() ![]() |
Martínez González, Xurxo, "Rosalía de Castro, a ponte entre o Rexurdimento e a Renaixença", eHumanista/IVITRA, 5, California (Estados Unidos), University of California, 2014, pp. 170-189 [ISSN 1540-5877].
![]() ![]() |
Martínez González, Xurxo, "Nación, literatura, identidade. O caso do provincialismo galego e a proposta de Murguía", Itinerarios. Revista de estudios lingüísticos, literarios, históricos y antropológicos, 20, Varsovia, Universitas Varsoviensis, 2014, pp. 49-70 [ISSN 1507-7241].
![]() ![]() |
Martínez González, Xurxo, "Fermín Penzol e a Mocedade Céltiga", A Trabe de Ouro, XXIV-95, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2013, pp. 379-396 [ISSN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "Recordo de Aurelio Aguirre", Grial, LI-199, Vigo, Editorial Galaxia, 2013, pp. 65-67 [ISSN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Juan Compañel Rivas (1829-1897), alén do editor do Rexurdimento", Grial, L-195, Vigo, Editorial Galaxia, 2012, pp. 106-117 [ISSN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Carta de San Petersburgo", Grial, XLIX-190, Vigo, Editorial Galaxia, 2011, pp. 134-137 [ISSN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "La Oliva, matraz do Rexurdimento", A Trabe de Ouro, XXI-84, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2010, pp. 581-589 [ISSN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "A Fundación Penzol. A marmita da cultura galega", Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudos Vigueses, XVI-15, Vigo, Instituto de Estudos Vigueses, 2010, pp. 113-127. |
Martínez González, Xurxo, "Crónica do levantamento de 1840", Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudos Vigueses, XV-15, Vigo, Instituto de Estudos Vigueses, 2010, pp. 63-77. |
Martínez González, Xurxo, "Doctrinal de los labradores. A proposta de M. Sarmiento", Boletín Auriense, XL-XI, Ourense, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 2010, pp. 115-126 [ISSN 0210-8445]. |
Martínez González, Xurxo, "La Oliva. A soleira do Rexurdimento", A Trabe de Ouro, XIX-75, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2010, pp. 409-422 [ISSN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "Discurso de Castelao nos xardíns de La Polar: Cuba, 1938", Grial, XLVIII-187, Vigo, Editorial Galaxia, 2010, pp. 53-56 [ISSN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Nota inédita de Castelao para Luís Soto Fernández", A Trabe de Ouro, XXI-82, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2010, pp. 323-328 [ISSN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "Continuacións. Artigo inédito de Ramón Villar Ponte.", Grial, XLVI-177, Vigo, Editorial Galaxia, 2008, pp. 65-67 [ISSN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Carta inédita de Castelao a Ramón Villar Ponte", A Trabe de Ouro, XVII-67, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2006, pp. 407-409 [ISSN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "Ramón Vilar Ponte, unha biografía posíbel", Murguía. Revista galega de historia, 7-8, Santiago de Compostela, Asociación Galega de Historiadores, 2005, pp. 115-128 [ISSN 1696-9197]. |
Recensións
Martínez González, Xurxo, "Murguía (2012), de Xosé Ramón Barreiro Fernández", A Trabe de Ouro, XXV-98, Sotelo Blanco, 2014, pp. 261-264 [ISBN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "Teodor Llorente, un poeta da Renaixença valenciana", Grial, LII-203, Editorial Galaxia, 2014, pp. 82-83 [ISBN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Un Aquilino inédito", Grial, L-193, Vigo, Editorial Galaxia, 2012, pp. 105-106 [ISBN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Antón Capelán: Luís Seoane en Compostela e outros ensaios (2010)", A Trabe de Ouro, XXII-86, Sot, 2011, pp. 291-293 [ISBN 1130-2674]. |
Martínez González, Xurxo, "Un estudo sobre o padre Feijoo", Grial, XLIX-190, Editorial Galaxia, 2011, pp. 115-116 [ISBN 0017-4181]. |
Martínez González, Xurxo, "Arredor de San Cibrao", Grial, XLVIII-188, Vigo, Editorial Galaxia, 2010, pp. 114-115. |
Martínez González, Xurxo, "Luís Pimentel. Obra completa", A Trabe de Ouro, XXI-83, Ourense, Sotelo Blanco, 2010, pp. 455-457 [ISBN 1130-2674]. |