Persoal investigador integrado


Iria Sobrino Freire

881014632

Iria Sobrino Freire é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde 2009, profesora no Departamento de Didácticas Específicas e MIDE da Universidade da Coruña, na Área de Didáctica da Lingua e a Literatura. As súas liñas de investigación actuais abranguen a literatura infantil (o álbum ilustrado, a literatura de tradición oral, a edición de literatura infantil en Galiza), a educación literaria e o ensino-aprendizaxe da lingua galega.

Ten participado en numerosos congresos internacionais, entre os que destacan os encontros da International Research Society for Children’s Literature (IRSCL), da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) ou da Sociedad Internacional de Didáctica de la Lengua y la Literatura (SIDLL). Publicou en revistas como Language, Culture and Curriculum ou o Boletín de Literatura Oral, e en editoras como Springer ou Graó. Realizou estadías de investigación nas Universidades de Lisboa e Glasgow. 

  • Publicacións