Tese de doutoramento


A obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello


Autoría

María Teresa Seara Domínguez
Data de Lectura

22-decembro-2015
Facultade

Filoloxía
Universidade

Universidade da Coruña
Departamento

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Cualificación

Sobresaliente
Título acadado

Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa
Dirixida por

Teresa López
Xosé María Dobarro Paz
Descrición

Esta tese de doutoramento ten como obxectivo analizar a poesía de Miguel Anxo Fernán Vello no contexto da Xeración dos 80, á que pertence e da que é membro destacado. Apuntando brevemente a atención do autor a outros xéneros literarios (teatro, ensaio, artigo de opinión), centrámonos na análise temática e simbólica dos once poemarios que constitúen actualmente o seu corpus (ademais dalgúns poemas publicados en obras dispersas e escolmadas en apéndice) para demostrar que a súa poética pivota arredor de dous grandes ciclos temáticos: o referido á estética celebrativa (que inclúe unha visión renovadora do erotismo e a posterior vivencia telúrica) e o que testemuña a desolación (vinculado á dor  existencial do ser contemporáneo e á poesía de denuncia, comprometida coa causa dos desfavorecidos). Poñemos tamén de manifesto como os principais ciclos temáticos se apoian nun conxunto de símbolos basilares que non só teñen presenza constante na obra senón que experimentan unha grande evolución que os leva, mesmo, a cambiar as súas valencias significativas. Por último, constatamos a presenza transversal do tema da metapoesía como profunda reflexión teórica sobre esta arte.