Tese de doutoramento


A tópica da visión e o amor trobadoresco no cancioneiro de Don Denis. (Estudo retórico-literario e edición crítica de 33 cantigas de amor)


Autoría

Data de Lectura

17-setembro-2012
Facultade

Facultade de Filoloxía
Universidade

Universidade da Coruña
Departamento

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Cualificación

Sobresaliente Cum Laude
Título acadado

Doutora en Filoloxía Galega
Descrición

Esta Tese de Doutoramento pretende abordar a análise do cancioneiro amoroso do rei e trobador Don Denis, e particularmente das súas composicións pertencentes ao xénero de amor, desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco. Para isto, partimos dun corpus formado por trinta e tres cantigas de amor dionisinas, nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da senhor. En paralelo, presentamos o comentario de cada unha das devanditas composicións desde un punto de vista retórico e literario, así como tamén establecemos o texto crítico baseándonos nas tendencias textuais actualizadas ‘neolachmanianas’ e noutras aportacións significativas da crítica textual. O noso estudo esténdese, a respecto do topos da visión, ao conxunto do corpus trobadoresco galego-portugués, establecendo igualmente un confronto con outras escolas contemporáneas a ela como a provenzal, o que nos permite examinar os elementos innovadores e a mestría da poesía de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa lírica. Alén disto, incluímos outros aspectos habitualmente presentes en estudos destas características como o retrato da personalidade histórica do trobador ou, nun sentido máis formal, a transcrición paleográfica das cantigas, os aparatos de variantes, a análise métrico-estilística, o rimario e o glosario.