Tese de doutoramento
Sociolingüística e tradução de português do Brasil: problemas de norma e repercussões didáticas
Esta tese de doutoramento discute implicacións sociolingüísticas relacionadas co ámbito da tradución e as tensións derivadas da situación de estandarización do portugués do Brasil no século XXI. Após acompañar discursos sobre esa variedade, nun percorrido sociohistórico, preséntanse contribucións da sociolingüística como base do marco de referencia teórico adoptado: as comunidades de práctica (Eckert 2000, Wenger 1998, 2006), as interaccións virtuais (Herring 2013) e a hixiene verbal (Cameron 1995). Localizando a pesquisa en ámbitos como as primeiras e afirmando a relevancia do estudo da avaliación lingüística explícita ou hixiene verbal, analízase como son representados (Moscovici 2015) conflitos sobre norma lingüística por profesionais, docentes e estudantes da práctica tradutora nunha listaxe de discusión (TRAD-PRT) en un curso superior de tradución brasileiro. Os resultados mostran que a inseguranza que eses suxeitos declaran se relaciona tanto coa actividade tradutora, como cos problemas de norma lingüística, xeradores de interaccións tensas onde frecuentemente se negan as implicacións ideolóxicas na actividade lingüística e recórrese a termos relixiosos, indicativo da compoñente emocional presente nas ideoloxías lingüísticas. Após a análise, conclúese a necesidade de elaboración didáctica de problemas de norma lingüística na formación en tradución nunha perspectiva crítica, que recoñeza aínda factores alleos á racionalidade, mais de base social, como inherentes ao facer lingua.