Tese de doutoramento


«Postilhão de Apolo»: Edição e Estudo


Autoría

Filipe Antonio Fernández Diez
Data de Lectura

22-xaneiro-2016
Facultade

Facultade de Filoloxía
Universidade

Universidade da Coruña
Departamento

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Cualificación

Sobresaliente Cum Laude
Título acadado

Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa
Descrición

A presente tese de doutoramento ten como obxectivo primordial o de rescatar para o público lector contemporáneo un dos grandes tesouros da poesía barroca portuguesa, o cancioneiro colectivo Postilhão de Apolo, que permanecía inédito desde o século XVIII. Para cumprir con ese obxectivo, preséntase agora esta edición, que intenta conxugar á vez a fidelidade ao orixinal e a accesibilidade para o lector actual. Debido ao interese no público final, o traballo de edición foi  complementado co de anotación e estudo dalgunhas das claves lingüísticas, literarias e culturais que permitan contextualizar e comprender mellor a produción poética dos séculos XVII e XVIII recollida no cancioneiro obxecto de edición e que corresponde ao período de auxe do bilingüismo portugués-español na literatura portuguesa.