A Quinza
Manuel Lois Vázquez

Autora da ficha: Amelia Sánchez Pérez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

Ao comezo do segundo capítulo (logo dunha oda introdutoria), indícase que a historia acontece “polo ano 14…”. Por tanto, ofrécese unha datación inexacta ou parcial. Canto á duración da narración, a historia ten lugar nuns poucos días, pois indícase que Madruga reaparece na Quinza cinco días despois da súa primeira visita.


Personaxes:

As personaxes que aparecen neste relato son unicamente tres: Oaria, Enrico e Pedro Madruga. Os dous primeiros son os amantes a quen Madruga asasina por non acceder aos seus desexos. Pedro Madruga é unha personaxe histórica que é retratada no seu lado máis negativo e vingativo.


Acontecementos históricos:

A pesar de que unha das personaxes da historia é Pedro Madruga, non se mencionan acontecementos históricos neste relato.


Tema:

Podemos considerar A Quinza un relato romántico, ao ser o amor truncado entre Oaria e Enrico a historia principal.


Narrador:

Podemos considerar o narrador neste relato como un narrador subxectivo en terceira persoa, que narra os feitos e que intervén no discurso narrativo, emitindo xuízos de valor e opinións sobre as personaxes. Así, refírese a Pedro Madruga como a un “salvaxe” sen compaixón.


Espazo narrativo:

Canto aos espazos narrativos, a historia ten lugar na Quinza, unha finca situada ás beiras do río Avia, na bisbarra de Ribadavia. Por tanto, o espazo principal é un espazo interior.


Estrutura narrativa:

Trátase dun relato lineal.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño