Cabalgadas en Salnés
Fermín Bouza Brey

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  

:

Paratextos: 

Edición de 1980: 
Ábrese cunha “Nota limiar” de Fermín Bouza Álvarez onde se indica que se respecta a opción ortográfica do autor en todas as obras; a seguir aparece a “Poética” de Bouza Brey.

Edición de 1981: 
Contén unha “Nota do editor” onde se explica o respecto á opción ortográfica do autor aínda que se adapta o poemario Seitura á norma galega, ao entender que foi escrito en portugués por ir destinado ao público luso. A continuación aparece un retrato de Bouza Brey realizado por Carlos Maside e unha “Poética” do propio autor.

Edición de 1992 (El Correo Gallego): 
Presenta un prólogo de Mª Isabel Bouza Álvarez xunto co artigo “Fermín Bouza-Brey e Cabalgadas en Salnés” da autoría de Blanca-Ana Roig Rechou. Previamente aos textos recóllese unha selección bibliográfica sobre o autor.

Edición de 1992 (Concello de Vilagarcía de Arousa): 
Alén da “Presentación” da obra e dunha “Introducción” con carácter xeral xustificativa da publicación, esta edición integra os seguintes artigos: “Bouza Brey un dos rapaces de máis valer”, anónimo; “Fermín Bouza Brey” e “Grorias e perigos da poesía de F. Bouza Brey” de Ricardo Carvalho Calero; “Fermín Bouza Brey en Galicia Nueva” de Xosé Manuel Dasilva; “Notas encol da poesía de F. Bouza Brey” de Manuel María e “Lembranzas e segredos do NÓS e máis eu”, “A visión do Salnés” e “Regata” da man do propio Fermín Bouza Brey. Trátase en case todos os casos de artigos tirados de publicacións periódicas. Esta edición presenta, ademais, os deseños realizados por Castelao para Cabalgadas en Salnés.

Edición de 1992 (Xerais): 
Presenta unha introdución da autoría de Xosé Manuel Enríquez que analiza a biografía do autor, inclúe unha breve análise do contexto socio-histórico e detense na análise estilística da obra poética e narrativa de Bouza Brey. Alén desta información tamén se ofrece unha “Bibliografía básica” e recolle os deseños de Castelao para Cabalgadas en Salnés

Edición de 1997: 
Inclúe unha “Nota preliminar” en que se explican os criterios de selección e edición das obras.


Outros textos literarios integrados no volume:

Edición de 1980: 
Este volume recolle tamén os poemarios Nao senlleira e Seitura, ademais de varios poemas recollidos baixo a epígrafe “Outros poemas”: “Romance dos vinte anos”, “Canto a Galicia”, “Pra facer un feitizo”, “Foi n-esta cousa”, “Lied”, “Serán”, “Envíos”, “Lecturas de outono na campía”, “Deus te mergulle en lus polo carreiro”, “A Xesús meniño”, “Retorno”, “Nunha gravura da Virxe da Barca”, “Os meus Reises Magos”, “Pandeirada”, “Ao Florentino López Cuevillas”, “Requiem a Cuevillas”, “Pra Silvia Santiago na súa Primeira Comunión”, “O mensaxe de Ramón Cabanillas”, “Panxoliña”, “Aos mozos arqueólogos de Galiza en Compostela”, “Un consello á mocedade”, “Aboio polas ruas”, “Galiza”, “Discanto pra Fermín Penzol”, “Adeus”, “Auscultarei os meus fados”, “Nos prados de Sar”, “Tarantela” e “Nacións Celtas”.

Edición de 1981: 
Presenta tamén os poemarios Nao senlleira e Seitura, ademais dun conxunto de poemas baixo o título común de “Outros poemas” e unha selección de textos en prosa denominada “Fragmentos de críticas, apoloxías e semblanzas”. En “Outros poemas” aparecen: “Romance dos vinte anos”, “Canto a Galicia”, “Pra facer un feitizo...”, “Foi n-esta cousa...”, “Lied”, “Envíos”, “Deus te mergulle en lus polo carreiro”, “A Xesús meniño”, “Nunha gravura da Virxe da Barca”, “Os meus Reises Magos”, “Pandeirada”, “A Florentino López Cuevillas”, “Requiem a Cuevillas”, “Pra Silvia Santiago na súa Primeira Comunión”, “O mensaxe de Ramón Cabanillas”, “Panxoliña”, “Aos mozos arqueólogos de Galiza en Compostela”, “Un consello á mocedade”, “Aboio polas rúas”, “Galiza”, “Discanto pra Fermín Penzol”, “Adeus”, “Auscultarei os meus fados”, “Nos prados de Sar”, “Tarantela” e “Nacións Celtas”.

Edición de 1989: 
É unha reprodución facsimilar das obras que integran as coleccións Céltiga e Lar de forma que no mesmo volume aparecen Semprenoiva de F. Cabo Pastor (número 13 e derradeiro de Céltiga) e, de Lar, A miña muller de Wenceslao Fernández Flórez (nº 1), O anarquista de Leandro Pita Romero (nº 2), O pastor de doña Silvia de Aurelio Ribalta (nº 3), Naiciña de Leandro Carré (nº 4), Os probes de deus de Luís Amado Carballo (nº 5), Martes d'antroido de Francisca Herrera e Garrido (nº 6), Antón Piruleiro de Xesús Fernández e González (nº 7), Pantelas, home libre de Ramón Otero Pedrayo (nº 8), A terra chama de Uxío Carré Aldao (nº 9), O lobo da xente de Vicente Risco (nº 10), Buserana de Gonzalo López Abente (nº 11), A dona das Torres de Ánxel del Castillo (nº 12), Ana María de Xuan Xesús González (nº 13), A propia vida de Leandro Carré Alvarellos (nº 14) e Anxélica de Florencio Vaamonde (nº 16). 

Edición de 1992 (El Correo Gallego): 
O volume presenta unha serie de textos poéticos de Bouza Brey baixo o título xenérico de “Poemas”: “¡Quén dera ser nao senlleira...”, “Lelías ao teu ouvido”, “Trova infinita”, “Cántiga cívica”, “Gándara”, “A Emília”, “Candêa eterna”, “O pescador de baleas brancas”, “Nocturno”, “Cruzeiro”, “Falas da doce meninha”, “Si cadra um dia em ti”, “Godalho choutador”, “A Rosalia” e “Aboio polas ruas”.

Edición de 1992 (Concello de Vilagarcía de Arousa): 
Alén de diferentes artigos sobre a obra literaria de Fermín Bouza Brey, inclúe unha “Escolma poética” e unha selección de literatura popular realizada polo autor titulada “Cantigas populares de Arousa”.

Edición de 1992 (Xerais): 
Integran o mesmo volume os poemarios Nao senlleira e Seitura.

Edición de 1997: 
Inclúe Almas mortas de Antón Vilar Ponte, Axúdate e O menciñeiro de Euxenio Charlón e Manuel S. Hermida, O vello mariñeiro toma o sol e outros contos de Euxenio Montes e Contos galaicos de Evaristo Correa Calderón como selección da colección Céltiga e A miña muller de Wenceslao Fernández Flórez, O karma de Farruco Filgueira de Ánxel Romero Cerdeiriña e O xardín do Castelo de Vidre de Álvaro María de las Casas como escolla de Lar.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño