Actualidade


Carme F. Pérez-Sanjulián participa no X Seminario Internacional Redes Públicas y Relaciones Editoriales
Febreiro 2020
Residencia de Estudiantes (Madrid)

O seminario está organizado no ámbito da rede temática de excelencia de Estudos e datos sobre a edición iberoamericana e transnacional baixo a dirección de Pura Fernández.


Esta relevante reunión científica, de enfoque multidisciplinar e con perspectiva sincrónica e diacrónica, abordará os desafíos e transformacións que impulsan a actividade do sector editorial desde a Historia da Edición, da Cultura e da Literatura Iberoamericanas, Estudos de Tradución e Documentación, Historia Empresarial e Economía das Industrias Culturais, Políticas Públicas, Tecnoloxía Informática, xunto coa perspectiva dos estudos de xénero. 

Na sesión dedicada a "La edición en España: el paradigma de la diversidad", a profª Pérez-Sanjulián, xuntamente coa profª Nieves R. Brisaboa, da Facultade de Informática, realizará unha intervención sobre "Posibilidades y dificultades del uso de la tecnología en los estudios sobre la edición". 

Máis información en: http://www.cervantesvirtual.com/portales/editores_editoriales_iberoamericanos/