Publicacións


Modelos de lingua e compromiso

Edición

Sánchez Rei, Xosé Manuel

Liñas de investigación

Sociolingüística e planificación da lingua galega

ISBN

978-84-9995-149-2

Editorial

Baía Edicións

Data de publicación

2014

Número de páxinas

211

Descrición


No secular proceso de recuperación de usos e de valorización social en que aínda se acha a lingua galega, varios teñen sido os debates que se levan producido, ás veces centrándose en temáticas de carácter gramatical e, en ocasións, a trataren aspectos de teor sociolingüístico. Así, quer cuestións ortográficas ou de normativización (que retrotraen as súas raíces xa ao século XVIII), quer aspectos relacionados coas estratexias para a rexeneración do idioma desenvolvidas desde os poderes públicos, teñen protagonizado diversas reflexións, non raro con subsecuentes e diverxentes posicionamentos ideolóxico-metodolóxicos ao respecto. Que tipo de galego foi percibido no Rexurdimento como máis adecuado para servir de base á linguaxe literaria? Onde se pensou que se podía ir procurar esa tal variedade? Con que ferramentas se debe traballar para repor a lingua nos sitios de que foi varrida e naqueloutros en que aínda non se encontra? Cal foi ou ten de ser o papel das escritoras e dos escritores no percurso cara á nobilitación do idioma? En termos de optimización lingüística, teñen todas as persoas galegofalantes a mesma responsabilidade cando utilizaren en público o idioma ou, polo contrario, corresponde a poderes políticos e organismos oficiais un uso aceptábel en termos de autenticidade idiomática antes que ao resto da poboación?