Publicacións


Hospital das letras. In(ter)vencións e ensaios literarios

Autoría

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais

ISBN

84-89814-07-4

Editorial

Editorial Espiral Maior Col. ‘Ensaio’

Data de publicación

1997

Número de páxinas

122

Descrición


Esta monografía ofrece ao lector un conxunto ensaístico formado por seis estudos especializados sobre narrativa e ensaio galegos e portugueses contemporáneos. Diferentes obras de Eduardo Blanco-Amor, Otero Pedrayo, António Pedro, Ricardo Carvalho Calero e Vicente Risco son obxecto dunha análise rigorosa, onde o crítico literario se funde co “filósofo da literatura” e coa lucidez do ensaísta capaz de desvelar as verdades éticas e estéticas contidas no exercicio da expresión literaria. O presente volumen complétase ademais cun suxerente ensaio titulado “Predición e proxección da narrativa galega actual”.