Persoal investigador colaborador


Maria Filipowicz-Rudek

48 604 438 250

Iberianista investigadora nos campos da literatura e da tradución, con especial atención á literatura galega.
É profesora adxunta e xefa do Departamento de Filoloxía Española do Instituto de Filoloxía Románica da Universidade Jagellónica (Cracovia) e dirixe o Centro de Estudos Galegos desta universidade. As súas liñas de investigación son a literatura galega, a cultura galega, o xiro cultural nos estudos literarios, o posthumanismo, a ecopoética, os estudos de tradución e tradución musical (mélica).
Coeditora da revista especializada en tradución Między oryginałem a przekładem, tamén publicou Almanach Galicyjski (2003, 2007), dedicada integramente á cultura e á literatura galegas, e o volume Policromía (2007), sobre os estudos polacos á volta das linguas e culturas minorizadas na Península Ibérica.
Aliás, destaca polo seu prolongado labor de divulgación e tradución para o polaco da obra de autores como Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Suso de Toro, Manuel Rivas, Claudio Rodríguez ou José Hierro.