Benvida

A Revista Galega de Filoloxía é unha publicación (revisada por un comité externo de expertos) vinculada á Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña, de traballos de investigación orixinais e inéditos dedicados a algún aspecto lingüístico ou filolóxico, fundamentalmente do ámbito galego-portugués.

A lingua preferencial de publicación é o galego ou o portugués, aínda que en casos especiais se admita a publicación en calquera outro idioma

A RGF, fundada no ano 2000, ten unha periodicidade anual, de modo que só se edita un número por ano.