Publicacións

Edición
Eirín, LeticiaLiñas de investigación
TeatroLiteraturas en lingua portuguesa
Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa
ISBN
978-84-9749-270-6Editorial
Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado MayorData de publicación
2008Número de páxinas
145Descrición
O Auto chamado dos Enfatriões, unha das tres pezas que compón a produción teatral de Luís de Camões, parte dun tema clásico, a transformación de Xúpiter no xeneral tebano Anfatrião, e toma como referencia principal o Amphitruo latino de Plauto, incrementando deste modo unha outra interpretación do mito digna de ser posta en relevo no conxunto da longa sucesión de versión que foran aparecendo co decorrer dos séculos na literatura occidental.
A importancia do auto baséase no feito de constituír a síntese perfecta da herdanza vicentina coa comedia renacentista de inspiración clásica, así como de preanunciar algúns dos elementos ou temáticas máis relevantes da lírica e épica camonianas, a omnipotencia do amor, a humanización das personaxes divinas ou o cuestionamento da identidade.