Persoal investigador integrado


Leticia Eirín

Contratada Doutora
881014773

Leticia Eirín é profesora da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña, onde se doutorou no ano 2012 cunha tese sobre a tópica da visión e o amor trobadoresco nas cantigas de amor de Don Denis.

É actualmente directora do Departamento de Letras e coordinadora do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade. Foi adxunta de cultura da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte (xaneiro 2020-xaneiro 2024) e coordinadora do Grao en Galego e Portugués (xuño 2017-marzo 2020).

A súa actividade investigadora está centrada na literatura medieval galego-portuguesa. De entre as súas publicacións destaca a edición da obra teatral Auto chamado dos Enfatriões, de Luís de Camões (Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, 2008), O cancioneiro de Pero Mafaldo. Edición crítica (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2014), en colaboracion con Manuel Ferreiro, ou A visión do amor no cancioneiro de Don Denis. Estudo e edicion de 22 cantigas de amor (Edicións Laiovento, 2015). Fai parte do proxecto Universo Cantigas, que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital da lírica profana galego-portuguesa (http://universocantigas.gal).

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos