Publicacións


Lingua galega e literatura 2º ESO

Autoría

López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / María Vilariño Suárez

ISBN

978-84-9995-194-2

Editorial

Baía Edicións

Data de publicación

2016

Número de páxinas

248

Descrición


Promovido pola editorial Baía Edicións, este novo material didáctico para a materia de Lingua Galega e Literatura forma parte dun proxecto educativo máis amplo que abrangue todos os niveis do ensino secundario obrigatorio.

Este manual de 2º da ESO estrutúrase en doce unidades. Cada unidade presenta dez bloques: 1) Lectura; 2) Expresión escrita; 3) Lingua e texto; 4) Léxico; 5) Gramática; 6) Expresión oral; 7) Ortografía; 8) Literatura; 9) Técnicas de traballo (unidades impares) / Lingua e sociedade (unidades pares); 10) Reforzo e autoavaliación.

1) Lectura. Textos próximos aos gustos e aos intereses do alumnado, con calidade literaria, heteroxeneidade xenérica, paridade de autores e autoras e contidos transversais.

2) Expresión escrita. Modelos textuais diversos (do ámbito cotián, de carácter formal e informal etc.).

3) Lingua e texto. Estruturas textuais variadas.

4) Léxico. Vocabulario temático con apoio visual. Fraseoloxía. Precisión léxico-semántica.

5) Gramática. Funcionamento da lingua. Categorías gramaticais. 

6) Expresión oral. Práctica oral de diferentes situación comunicativas (dar explicacións, dar os parabéns, expresar coincidencia…).

7) Ortografía. Acentuación. Puntuación. Uso de determinadas letras e de palabras xuntas ou separadas.

8) Literatura. Xéneros e subxéneros literarios. Relación entre a literatura e outras disciplinas artísticas.

9) Técnicas de traballo. Estratexias de análise e de síntese do contido; Lingua e sociedade. Nocións básicas de sociolingüística presentadas a través de fichas de traballo lúdicas e intuitivas.

10) Reforzo e autoavaliación. Reforzo das competencias e autoavaliación dos contidos e das destrezas.