Publicacións

Autoría
Freixeiro Mato, Xosé RamónLiñas de investigación
Gramática galegaISBN
84-95350-29-7Editorial
A Nosa TerraData de publicación
2000Número de páxinas
748Descrición
Este segundo volume de morfosintaxe forma parte do proxecto xeral de Gramática da Lingua Galega. A case inabarcábel amplitude da morfosintaxe e o feito de dispormos xa en galego de gramáticas actuais nesta materia obrigou a establecer límites na extensión e, en consecuencia, tamén a certas prioridades.
Este volume é debedor e continuador da tradición gramatical galega, especialmente da Gramática galega (Álvarez et alii, 1986) e da Nova gramática para a aprendizaxe da língua (Costa Casas et alii, 1988). A existencia destas dúas obras condicionou en boa medida a realización deste volume, tentando no posíbel comple(men)tarmos, máis do que reiterarmos, os seus contidos.
Neste sentido, procurouse prestar unha maior atención a aqueles aspectos máis peculiares, ou máis necesitados dun tratamento específico, da morfosintaxe do galego, como o dativo de solidariedade, o infinitivo flexionado, o infinitivo xerundial, o futuro de subxuntivo, certas perífrases verbais, a presenza da preposición a co CD etc.