Publicacións


Teatro e Nacionalismo. Ferrol, 1915-1936

Autoría

Tato Fontaíña, Laura

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

84-87847-51-X

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

1995

Número de páxinas

139

Descrición


A pesar de que no decurso dos últimos anos viron a luz unha serie de traballos monográficos que contribuíron a desvelar aspectos da historia do noso teatro, son moitos, con todo, os momentos e as etapas que fican difusas ou escasamente estudadas.

A historia do noso teatro está intimamente ligada á das organiaacións de carácter nacionalista que viron nesta forma de expresión artística un medio aceptado de espallar o seu idearium. De aí que resulte absurdo pretender explicar calquera manifestación dramática ignorando as circunstancias políticas en quw se produce. Neste sentido, este libro resulta  modélico tanto na metodoloxía utilizada, como no rigor das súas análises e na achega de documentación até o de hoxe inédita.

Estratexias consensuadas, polémicas airadas e silencios significativos, dentro e fóra do nacionalismo, marcarán a histórica dun teatro que nace con verdadeira vocación popular e evolui en loita constante co populacheiro, mostrando todas as dificultades de tipo social, político, ideolóxico e mesmo moral ás que se tiveron que enfrontar os homes e mulleres que intentaban normalizar a lingua e a cultura a través da escena.

Esta obra foi galardoada co Premio de Investigación Lingüística e Literaria 'Ricardo Carvalho Calero' 1993.