¡A Besta!
Xan de Masma

Autora da ficha: Amelia Sánchez Pérez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  


¡A Besta! relata a historia de amor de Pedro e de Xosefa, unha historia marcada polas numerosas dificultades que viven os seus protagonistas e en que se poden apreciar continuas pegadas da biografía de Patricio Delgado.

Xosefa (Pepiña) é a filla de Antón, un labrego do Cadramón (Mondoñedo) que observa como un cacique liberal (Don Policarpio) lle arrebata todas as súas posesións e como el e os seus fillos quedan sen nada. A familia marcha, mais a obsesión de Policarpio (a Besta) por Pepiña fai que a acose, a chegue a “raptar” e intente abusar dela. Mentres, Pepiña comeza a namorarse de Pedro, un rapaz de clase fidalga que corresponde ao amor da moza, mais que a debe deixar para loitar pola causa que considera máis xusta, a causa do carlismo.

Pedro inicia unha loita que o leva a participar na terceira das guerras carlistas, que fai que caia preso e que o obriga a marchar a Cuba. Esta viaxe errática pono en contacto con novas formas de asociación obreira e cun novo movemento ideolóxico e social, o catolicismo social.

Mentres, Pepiña agarda o regreso do seu namorado ao mesmo tempo que coida da nai de Pedro e que inicia proxectos propios, como axudar o crego don Juan na catequese e na alfabetización dos rapaces do Cadramón.
Ao regreso de Pedro, a familia completa (Pedro, Pepiña, Xan, Ramona e os seus descendentes) inicia unha nova vida arredor dunha casa, unha granxa-modelo que ha de localizarse no Cadramón e que será a industria que redima a comarca e que lle ofreza un futuro máis próspero.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas e os autores, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño