A pecadenta silenzosa
Manuel Bergueiro López

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

Non aparece precisado. A historia comeza antes do nacemento de Maruxiña e Manoel que se produce no ano 1884 e finaliza co casamento do fillo de ambos coa filla del sen que se indique o tempo discorrido.


Personaxes:

María de la Consolación Feixóo Pereiro, coñecida como Maruxiña da Consolación, e Manoel Alfonso Boullosa León son os protagonistas da novela. A súa complexa historia amorosa centra a trama. Personaxes secundarios son o Sr. Lorenzo Boullosa (pai de Manoel), Prácido Feixóo e Xenerosa (pais de Maruxiña) e Nazario (fillo de Manoel e Maruxiña). Relacionado coa biografía de Prácido Feixóo aparece o médico Roberto Koch (Heinrich Hermann Robert Koch 1843-1910), único personaxe histórico da novela. O seu descubrimento do bacilo da tuberculose en 1882 tamén aparece reflectido na obra.


Acontecementos históricos:

O único acontecemento histórico é o descubrimento do bacilo de Koch en 1882. Este feito garda relación coa biografía de Prácido Feixóo, pai de Maruxiña, protagonista na novela.


Tema:

Trama amorosa entre Maruxiña e Manoel Alfonso. Diversas circunstancias vitais fan que se perdan de vista. Teñen un fillo que se cría na Habana, lonxe de ambos, e que acaba casando, sen sabelo ningún dos actantes, coa filla de Manoel.


Narrador:

Heterodiexético e omnisciente en terceira persoa.


Espazo narrativo:

Fundamentalmente as parroquias de Abeiro e Conles (Moraña) onde residen Manoel Alfonso e Maruxiña. Aparecen tamén outras localidades galegas como Negreira e O Carballiño, españolas como Madrid e Barcelona e internacionais como Berlín, Bos Aires e A Habana. Predominan os espazos externos (campo da festa, rúas…) sobre os internos.


Estrutura narrativa:

Aínda que a novela parte dos antecedentes familiares dos protagonistas a trama desenvólvese sempre de xeito lineal.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño